|
Ruinas de Panamá Viejo |
Como adiantaba hai uns días, hai tres Panamás en unha: a zona vella, a zona nova e, a melllor na miña opinión, as ruinas de "Panamá Viejo".
|
Os árbores ocupan agora o que outrora foran mosteiros e casas nobles |
A antiga cidade de Panamá foi fundada en primeira instancia nun enclave diferente ao que actualmente ocupa o casco vello. Esta cidade foi o primeiro asentamento establecido polos españois na costa do Océano Pacífico e co tempo converteuse no principal porto, xa que recibía o ouro e a prata procedentes das minas bolivianas e peruanas para cruzalas por terra ata a cidade de Portobelo, no Caribe (o camiño por terra é o precursor do famoso Canal) e dende aí conducir todas estas riquezas a España.
|
O apuntalamento é fundamental para que as ruinas non esmorezan definitivamente |
Pero a puxanza desta cidade pronto se viu estragada pola cobiza dun dos máis senlleiros piratas da historia: o Capitán Henry Morgan. Cando o Caribe estaba ateigado de fortalezas e navíos españois defendendo (máis mal que ben) os portos e as rutas marítimas máis importantes para o Imperio Español, Morgan decidiuse a ir directamente á fonte das riquezas, conducindo a un milleiro de homes a través das selvas do istmo ata a mesmísima cidade de Panamá, de xeito que deixou de lado a súa pericia como mariñeiro para probar sorte como xeneral dun pequeno exército de rufiáns feito á súa medida.
|
Torre da catedral con edificios novos ao fondo, fermoso contraste |
A ousadía de Morgan non estaba exenta de lóxica, xa que como ninguén consideraba factible un ataque destas características, as defensas de Panamá nese momento non pasaban dun pequeno cuartel adicado principalmente a manter a orde na cidade.
|
Vista da cidade nova dende a torre da catedral |
Ante o asedio do pirata o encargado da defensa da cidade non viu outra saída que a de estropearlle o saqueo, para o que ordeou explosionar tódolos depósitos de pólvora da cidade, de xeito que non quedou pedra sobre pedra.
|
Panamá Viejo dende a torre da catedral |
Os piratas ao mando de Henry Morgan permaneceron varias semanas na cidade saqueando a gusto todo canto atoparon, pasando a coitelo aos seus opositores e tomando mulleres e escravos a pracer. Aínda así, seica o botín non foi gran cousa para o que cabía esperar; eso sí Morgan fíxose un nome todavía máis grande na historia da piratería.
|
Paseando pola praza principal da cidade (ollo á suada que levo enriba, que calor hai en Panamá!) |
Despois da retirada do Capitán Morgan quedou unha cidade completamente destruida e, 152 anos despois da súa fundación, Panamá Viejo quedou en ruinas (pero non esquecida) e houbo que buscar un novo emplazamento onde actualmente se atopa o casco vello panameño.
|
Antigo posto defensivo da cidade, insuficiente para facer fornte ao ataque pirata |
Panamá Viejo é, por tanto, un lugar máxico no que respirar a historia na máis absoluta tranquilidade xa que poucos turistas a coñecen e se achegan a coñecer estas ruinas nas que se pode un imaxinar o terror sofrido polos seus habitantes ao ver achegarse un exército de piratas coas máis terribles intencións.
|
A tranquilidade é a raíña de Panamá Viejo, non había un alma |
Panamá Viejo, unha cidade que foi próspera pero tan feble que foi
borrada do mapa en tan só uns días por un visionario e emprendedor que
decidiu facer o inimaxinable: cruzar Panamá a pé para pór en evidencia e
axeonllar á Coroa Española. Esta é unha historia de piratas sen barcos,
unha historia dunha cidade pola que circulaban todas as riquezas do
imperio pero que carecía de defensas, unha historia digna do que sucedía
no Caribe pero no Pacífico; en definitiva, unha historia estrana e
única que, precisamente por eso, é digna de ser recordada.
|
Máis ruinas entre o bosque |
|
A torre da Catedral é un símbolo para Panamá, xa que continúa en pé despóis dos séculos |
|
Este é o mellor conservado dos moitos mosteiros da cidade |
|
Habitantes actuais das ruinas |
|
Interior dun antigo convento |
|
Atalaia para vixiar o Pacífico, pero a ameaza veu finalnente do interior |
No hay comentarios:
Publicar un comentario