 |
Skyline de Panamá dende a zona vella |
Panamá Viejo, o casco antigo e agora a zona nova para completar a reportaxe sobre as tres Panamás. A zona nova era a que menos me atraía, así que foi a zona que menos visitei. Estou seguro que pode ser un sitio excelente para vivir, pero a simple vista é unha Miami calquera, ateigada de rañaceos a pé de costa misturados con palmeiras e un abafante calor tropical... Quizáis algún día volva e poida coñecer o que ofrece esta zona da cidade (vida nocturna e centros comerciais a esgalla), pero non o teño claro, seguro que volvería a perderme por Panamá Viejo mil veces amtes que meterme aquí...
 |
Edificios, palmeiras e monumento a Vasco de Balboa, fundador da cidade |
 |
Por altas que sexan as torres o cableado caótico sempre é un sinal de que falta desenvolvemento |
 |
Máis edificios, máis palmeiras e o mesmo Balboa |
 |
Panamá a pé de rúa |
 |
Máis do mesmo |
 |
Miami?, non, Panamá |
No hay comentarios:
Publicar un comentario