Páginas

lunes, 17 de noviembre de 2014

Viña del Mar

Reloxo de flores, emblema de Viña del Mar
A menos de dúas horas en coche dende a capital por unha fermosa paisaxe vinícolas de Chile (unha de tantas) atópase a praia de Santiago: Viña del Mar.

A cidade é pequena e ten algúns encantos, se ben é bastante notable o deterioro producido nos edificios históricos polos constantes terremotos que sacuden o país.

Pero entre todos os atractivos, o máis "fetichista" é a visita á Quinta Vergara, dentro de cuxo recinto se celebra anualmente o festival da canción en español de Viña del Mar, toda unha referencia a nivel continental que invariablemente deixa cada tempada algunhas actuacións memorables. Para os que non o coñezan, recomendo botar unha ollada no Youtube.

O outro suposto gran atractivo de Viña é a praia... Pero sinceramente non me pareceu nada especial, ademais de que polas correntes e a temperatura da auga non está permitido o baño... Sigo pendente de darme o meu baño no Pacífico...


Quinta Vergara, residencia do fundador da cidade, que precisa urxente unha restauración despois do último gran terremoto
Entrada ao anfiteatro da Quinta Vergara, lugar de celebración do Festival de Viña

Praia de Viña del Mar

Novamente co Pacífico aos meus pes, pero sen poder sumerxirme nel unha outra vez

Monumento para Gabriela Mistral e Pablo Neruda, os dous Nobel de literatura chilenos ata o momento

A boa compañía, clave para que a viaxe pagara a pena

miércoles, 29 de octubre de 2014

Santiago de Chile

Santiago de Chile
Santiago, unha cidade encravada nun entorno moi vistoso, especialmente no inverno, cando os Andes están cubertos de neve. Unha moderna, cívica, onde se respira calidade de vida...

Desta volta tocou turismo urbán puro e duro, pasear polas rúas e parques, sentarse nos cafés, visitar centros comercias e desfrutar das vistas. Unha cidade para vivir, sen dúbida.

Vista da cidade dende o Cerro Santa Lucía

Mural en honra a Gabriela Mistral, unha das dúas Nobel de literatura chilenas

Os Andes en todo o seu esplendor

Lugar onde se produciu o último atentado na capital chilena apenas unha semana antes de ir eu





Mercado Central de Santiago

Costanera Center, novo edificio senlleiro da cidade

Añadir leyenda
 


Placa de inauguración do Mercado Central, nada menos que por Pinochet

Á porta do mercado


lunes, 6 de octubre de 2014

Chile

Chile!
Un selo máis no meu pasaporte,  xa podo marcar Chile cunha 'X' (aínda que quero voltar para visitar a Patagonia...). Desta vez tocou turismo urbán: motio Santiago e algo de Valparaíso e Viña del Mar. Para comezar, o 'Palacio de La Moneda', onde Salvador Allende resistiu e morreu co fusil na man; un lugar senlleiro da Historia recente a nivel mundial. Todo un símbolo, moi emocionante.

Palacio de La Moneda






sábado, 23 de agosto de 2014

A ritmo de vallenato

"Que no se enteren", un dos meus vallenatos favoritos, sube o ánimo de calquera!

Continuando co meu proceso de colombianización, teño que recoñecer que tomar unha cervexa cun vallenato de fondo nunha cigarrería (especialmente se é en "tierra caliente"), é toda unha experiencia xenial que describe en boa parte o que vivir en Colombia.

O Vallenato é un xénero musical 100% colombiano típico da costa Caribe pero xa extendido a todo o país. Dende o seu xurdimento foi evolucionando moito, así que deixo unha mostra de vallenatos dende os clásicos ata os actuais, empezando por algúns dos meus favoritos.
"No Puedo Olvidarla", un dos retrousos máis pegadizos do xénero, Binomio de Oro son mooooi grandes!

Carlos Vives é un dos grandes innovadores actuais do xénero, de xeito que xa é máis pop que vallenato, que neste tema e só recoñecible no retrouso. Aínda así, a canción é ben linda e vitalista

Repito con outro tema de Silvestre Dangond, que actualmente é unha das grandes figuras (outro dos meus favoritos)

Alejo Durán, un dos grandes clásicos
Diomedes, a última gran figura
Rafael Escalona, outro mito do vallenato

martes, 19 de agosto de 2014

O mercado de Paloquemao

Produto fresco e fermoso
Bogotá pode ser unha cidade prohibitiva se se opta por facer a compra na zona norte, onde viven as clases máis acomodadas. O gusto por facer a compra está lonxe dos supermercados, o máis agradable é dar un pequeno madrugón na fin de semana e achegarse ás prazas para comprar producto fresco nun entorno popular no que se sinte o pulso da xente dunha forma intensa.

Paloquemao é o mercado máis grande de Bogotá, toda unha experiencia que non hai que perderse, agradable en tódolos sentidos, especialmente para o peto...

Aínda sen bolsas

Tamal tolimense, almorzo típico e contundente para un día de mercado

Pero o tamal non é tan contundente coma outras delicatessen...

Falta glamour, pero... quen necesita glamour?

miércoles, 23 de julio de 2014

O Deportivo da Coruña en Bogotá


Seareiros do Santa Fe
 Sonche deportivista de sempre, pero ata agora só os vira xogar unha vez en directo nun derbi en  Balaídos que acabara en 1-1.

Casualidades da vida, o segundo partido ó que asistín foi onte no estadio El Campín de Bogotá fronte ó Independiente Santa Fe. Partido malo, o primeiro da pretempada, pero realmente sí me fixo ilusión poder ver ó Deportivo na miña cidade adoptiva.

O resultado final foi 1-0 para o equipo santafereño e quedo con dúas conclusións:

1. O fútbol en Latinoamérica vívese de forma diferente. Para este amistoso os seareiros máis incondicionais do Santa Fe estiveron cantando sen parar na grada dende máis dunha hora antes de comezar o partido.

2. O mellor do partido son os descansos, cando as cheerleaders fan o seu espectáculo. Esto en España non pasa...

O Deportivo en Bogotá!

O Deportivo atacando, algo raro de ver onte
Cheerleaders "dándolo todo", e os policías que non quitan ollo

O mellor do partido...




lunes, 7 de julio de 2014

Unha pequena diferencia

Rúas ateigadas recibindo á selección ás 9 da mañá
Onte chegou a selección de fútbol de Colombia de volta ó país despois de caer eliminada do campionato mundial de Brasil. Para recibila organizouse un recibimento multitudinario en Bogotá. A diferencia do que se faría en España, o evento comezou ás 8 da mañá co típico percorrido polas rúas da capital para rematar no parque Bolívar, un lugar senlleiro da cidade.

Así deberían ser sempre estes eventos, dándolle un toque familiar e permitindo que pequenos e maiores poidan desfrutalo a gusto a unha hora apropiada... En España esto tería comezado ás 8 da tarde para rematar á 1 da mañá e chegar a casa ás 2 e media... E claro, ó día seguinte todo dios baldado no cole, no traballo ou na casa...

A racionalidade no horario é algo que me encanta de Colombia; pola contra, é unha guerra perdida en España. Que pena.
Amenizando a espera ás 9 da mañá!!!!