|
Panamá, Patrimonio da Humanidade (ao fondo o contraste da zona nova) |
Vou retomar os post sobre Panamá aproveitando que a un amigo lle ofreceron traballar alí un par de meses, a ver se nestas fotos atopa algo que lle axude a convencerse para cruzar o océano ou para quedar en Galicia...
|
Fachada principal da catedral (as pedras troxéronas de "Panamá Viejo") |
Segundo o meu criterio, a cidade de Panamá pode dividirse en 3 partes: o casco antigo, a zona nova e "Panamá Viejo". Hoxe van algunhas fotos da zona vella, o que foi o corazón desta cidade séculos atrás. O casco antigo de Panamá está en plena fase de remodelación; nótase claramente que estivo esquecido e en parte abandoado durante moitos anos, pero está rexurdindo grazas á inversión estranxeira, coa que se están a restaurar edificios que pasan de seren ruinas a converterense en hoteis, restaurantes, etc. Certamente, aínda falta moito por arranxar no casco antigo de Panamá, pero promete moito, xa que a pesar do notable abandono que se adiviña, segue tendo moitísimo encanto. O malo é que carece un pouco de personalidade xa que apenas quedan panameños nativos ocupando as súas rúas, polo que ás veces da a impresión de que detrás dunha fachada fermosa non hai realmente unha alma que lle imprima máis carácter.Veremos en que queda todo esto cando remate a restauración, a ver se conseguen que esa alma aflore para facer que este casco antigo tan fermoso (é Patrimonio da Humanidade) teña un corazón latexante que lle de vida.
|
Ruinas dun convento en pleno centro da zona vella |
|
Un dos edificios senlleiros da cidade, actualmente convertido nun museo |
|
Interior da catedral |
|
Queda moito por arranxar, pero seguro que quedará moi fermoso |
|
Unha das mùltiples igrexas panameñas |
|
Casa convertida nun xardín froito do abandono e do clima tropical |
|
Casco antigo de Panamá |
|
Monumento a algún heroe da patria |
|
Fachadas aseguradas provisionalmente agardando pola ansiada restauración |
|
Estatua de madeira na fachada da catedral |
|
Unha praciña no centro da cidade vella |
|
Teatro principal de Panamá |
|
Bocana do Canal de Panamá dende a zona vella |
No hay comentarios:
Publicar un comentario