Páginas

lunes, 14 de enero de 2013

Cidade de Panamá

Skyline de Panamá dende a zona vella
Panamá Viejo, o casco antigo e agora a zona nova para completar a reportaxe sobre as tres Panamás. A zona nova era a que menos me atraía, así que foi a zona que menos visitei. Estou seguro que pode ser un sitio excelente para vivir, pero a simple vista é unha Miami calquera, ateigada de rañaceos a pé de costa misturados con palmeiras e un abafante calor tropical... Quizáis algún día volva e poida coñecer o que ofrece esta zona da cidade (vida nocturna e centros comerciais a esgalla), pero non o teño claro, seguro que volvería a perderme por Panamá Viejo mil veces amtes que meterme aquí...

Edificios, palmeiras e monumento a Vasco de Balboa, fundador da cidade

Por altas que sexan as torres o cableado caótico sempre é un sinal de que falta desenvolvemento

Máis edificios, máis palmeiras e o mesmo Balboa

Panamá a pé de rúa

Máis do mesmo

Miami?, non, Panamá

domingo, 13 de enero de 2013

Panamá Viejo, unha historia de piratas

Ruinas de Panamá Viejo

Como adiantaba hai uns días, hai tres Panamás en unha: a zona vella, a zona nova e, a melllor na miña opinión, as ruinas de "Panamá Viejo".

Os árbores ocupan agora o que outrora foran mosteiros e casas nobles

A antiga cidade de Panamá foi fundada en primeira instancia nun enclave diferente ao que actualmente ocupa o casco vello. Esta cidade foi o primeiro asentamento establecido polos españois na costa do Océano Pacífico e co tempo converteuse no principal porto, xa que recibía o ouro e a prata procedentes das minas bolivianas e peruanas para cruzalas por terra ata a cidade de Portobelo, no Caribe (o camiño por terra é o precursor do famoso Canal) e dende aí conducir todas estas riquezas a España.

O apuntalamento é fundamental para que as ruinas non esmorezan definitivamente
Pero a puxanza desta cidade pronto se viu estragada pola cobiza dun dos máis senlleiros piratas da historia: o Capitán Henry Morgan. Cando o Caribe estaba ateigado de fortalezas e navíos españois defendendo (máis mal que ben) os portos e as rutas marítimas máis importantes para o Imperio Español, Morgan decidiuse a ir directamente á fonte das riquezas, conducindo a un milleiro de homes a través das selvas do istmo ata a mesmísima cidade de Panamá, de xeito que deixou de lado a súa pericia como mariñeiro para probar sorte como xeneral dun pequeno exército de rufiáns feito á súa medida.

Torre da catedral con edificios novos ao fondo, fermoso contraste
A ousadía de Morgan non estaba exenta de lóxica, xa que como ninguén consideraba factible un ataque destas características, as defensas de Panamá nese momento non pasaban dun pequeno cuartel adicado principalmente a manter a orde na cidade.

Vista da cidade nova dende a torre da catedral
Ante o asedio do pirata o encargado da defensa da cidade non viu outra saída que a de estropearlle o saqueo, para o que ordeou explosionar tódolos depósitos de pólvora da cidade, de xeito que non quedou pedra sobre pedra.
Panamá Viejo dende a torre da catedral
Os piratas ao mando de Henry Morgan permaneceron varias semanas na cidade saqueando a gusto todo canto atoparon, pasando a coitelo aos seus opositores e tomando mulleres e escravos a pracer. Aínda así, seica o botín non foi gran cousa para o que cabía esperar; eso sí Morgan fíxose un nome todavía máis grande na historia da piratería.

Paseando pola praza principal da cidade (ollo á suada que levo enriba, que calor hai en Panamá!)
Despois da retirada do Capitán Morgan quedou unha cidade completamente destruida e, 152 anos despois da súa fundación, Panamá Viejo quedou en ruinas (pero non esquecida) e houbo que buscar un novo emplazamento onde actualmente se atopa o casco vello panameño.

Antigo posto defensivo da cidade, insuficiente para facer fornte ao ataque pirata
Panamá Viejo é, por tanto, un lugar máxico no que respirar a historia na máis absoluta tranquilidade xa que poucos turistas a coñecen e se achegan a coñecer estas ruinas nas que se pode un imaxinar o terror sofrido polos seus habitantes ao ver achegarse un exército de piratas coas máis terribles intencións. 


A tranquilidade é a raíña de Panamá Viejo, non había un alma
Panamá Viejo, unha cidade que foi próspera pero tan feble que foi borrada do mapa en tan só uns días por un visionario e emprendedor que decidiu facer o inimaxinable: cruzar Panamá a pé para pór en evidencia e axeonllar á Coroa Española. Esta é unha historia de piratas sen barcos, unha historia dunha cidade pola que circulaban todas as riquezas do imperio pero que carecía de defensas, unha historia digna do que sucedía no Caribe pero no Pacífico; en definitiva, unha historia estrana e única que, precisamente por eso, é digna de ser recordada.

Máis ruinas entre o bosque

A torre da Catedral é un símbolo para Panamá, xa que continúa en pé despóis dos séculos

Este é o mellor conservado dos moitos mosteiros da cidade

Habitantes actuais das ruinas

Interior dun antigo convento
 
Atalaia para vixiar o Pacífico, pero a ameaza veu finalnente do interior


viernes, 11 de enero de 2013

Gastronomía colombiana: "bandeja paisa"


Para comezar ben o ano, hoxe metinme entre o peito e as costas unha "bandeja paisa", un dos máis notables  pratos típicos de Colombia.

Esta auténtica bomba leva (todo ben abondante):

Ovo fritido
Roxón
Carne picada
Aguacate
Maduro (plátano frito)
Frijoles
Chourizo
Morcilla
Arepa
Arroz

Agora calquera traballa con todo esto no estómago... (por se a alguén lle queda dúbida, este é o meu prato favorito da gastronomía colombiana...).


miércoles, 9 de enero de 2013

Casco antigo de Panamá

Panamá, Patrimonio da Humanidade (ao fondo o contraste da zona nova)
Vou retomar os post sobre Panamá aproveitando que a un amigo lle ofreceron traballar alí un par  de meses, a ver se nestas fotos atopa algo que lle axude a convencerse para cruzar o océano ou para quedar en Galicia...

Fachada principal da catedral (as pedras troxéronas de "Panamá Viejo")

Segundo o meu criterio, a cidade de Panamá pode dividirse en 3 partes: o casco antigo, a zona nova e "Panamá Viejo". Hoxe van algunhas fotos da zona vella, o que foi o corazón desta cidade séculos atrás. O casco antigo de Panamá está en plena fase de remodelación; nótase claramente que estivo esquecido e en parte abandoado durante moitos anos, pero está rexurdindo grazas á inversión estranxeira, coa que se están a restaurar edificios que pasan de seren ruinas a converterense en hoteis, restaurantes, etc. Certamente, aínda falta moito por arranxar no casco antigo de Panamá, pero promete moito, xa que a pesar do notable abandono que se adiviña, segue tendo moitísimo encanto. O malo é que carece un pouco de personalidade xa que apenas quedan panameños nativos ocupando as súas rúas, polo que ás veces da a impresión de que detrás dunha fachada fermosa non hai realmente unha alma que lle imprima máis carácter.Veremos en que queda todo esto cando remate a restauración, a ver se conseguen que esa alma aflore para facer que este casco antigo tan fermoso (é Patrimonio da Humanidade) teña un corazón latexante que lle de vida.

Ruinas dun convento en pleno centro da zona vella

Un dos edificios senlleiros da cidade, actualmente convertido nun museo

Interior da catedral

Queda moito por arranxar, pero seguro que quedará moi fermoso

Unha das mùltiples igrexas panameñas

Casa convertida nun xardín froito do abandono e do clima tropical

Casco antigo de Panamá

Monumento a algún heroe da patria

Fachadas aseguradas provisionalmente agardando pola ansiada restauración
Estatua de madeira na fachada da catedral

Unha praciña no centro da cidade vella

Teatro principal de Panamá

Bocana do Canal de Panamá dende a zona vella

domingo, 6 de enero de 2013

Volvendo a Colombia


Zoom sobre a Ría de Vigo
Despois de varias viaxes con saída ou destino Vigo, por fin me tocou un día o suficientemente despexado como para poder desfrutar dunhas boas vistas panorámicas do sur de Galicia, unhas imaxes fermosas para reter na retina durante os meses que tarde en voltar a casa.

Toda a Ría de Vigo a vista de paxaro

Impoñente banco de brétema sobre o interior da provincia de Pontevedra
O Miño camiño do océano