Páginas

martes, 27 de noviembre de 2012

O Salar de Uyuni, marabilla natural

O noso carro
O Salar de Uyuni é o meirande deserto de sal do mundo, unha auténtica marabilla natural que vale por sí mesma toda a viaxe a Bolivia e recorrer o país en autobus pasando 12 horas de tormento.

Entrando no deserto, agárdannos horas de traxecto entre a máis absoluta nada
Coido que Uyuni é a paisaxe máis impresionante que vin nunca, un deserto branco que durante a tempada de chuvias convírtese nun lago. Para que vos fagades unha idea da súa extensión, percorremos 200 quilómetros en todoterreo polo salar, a distancia que separa Vigo de A Coruña, co único horizonte das lonxanas montañas... Fermoso, incrible. Sobran as palabras...
Alguén se lembra da Sala da Alma e do Tempo? Algunha similitude?



Parece calmo, pero o vento zoa sen piedade

Hotel de sal no medio do salar

Figuras que forma a auga cando se seca o salar

Illa Incahuasi (casa do inca)

Volcán ao fondo

Unha vicuña no medio da nada, estes bechos viven da nada; apenas hai auga nin pasto...

Sabiades canto vive un cacto? Este 1.203 anos...

Estomballado ben a gusto

Desfrutando da paisaxe

Facendo o imbécil, sonche así...

Voando
Aínda se extrae sal, pero non está moi explotado


A brancura do deserto permite xogar coa perspectiva

Cegado pola brancura

Achegándonos á illa Incahuasi
 
Desfrutando coma un neno

Os cactos poden chegar a medir 12 metros...

No hay comentarios:

Publicar un comentario