Páginas

domingo, 25 de noviembre de 2012

Curiosidades de Cidade de Panamá

Este cocodrilo ten pinta de que xa está comido, non semella perigoso...
 Algunhas cousiñas que me chamaron a atención en Cidade de Panamá:

1. Os avisos da posible presenza de cocodrilos nos arredores do Canal de Panamá. Moi bo rollo, calquera diría que os cocodrilos son perigosos atendendo a este cartel...

2. A ausencia de gaivotas. É a primeira cidade costeira na que non as vexo, pero no canto hai pelícanos, que veñen sendo o mesmo pero máis grandes e máis feos; eso sí, moito máis exóticos.

Pelícanos preto dun monte de lixo; en serio, son peores que as gaivotas
3. Os parquímetros ao estilo ianqui. Só os vira nas películas, por eso me fixo gracia velos ao vivo, aínda que en realidade xa non funcionan.


Parquímetros de estilo gringo
 4. Os "Diablos Rojos", que son autobuses coma os típicos autobuses escolares gringos. Tan curiosos como incómodos, son o medio de transporte máis barato (e suponse que perigoso) en Cidade de Panamá. Só custan 25 céntimos de dólar, polo que paga a pena probalos aínda que só sexa para vivir a experiencia.

Normalmente están pintados coas cores da bandeira panameña, decorados con graffitis obscenos e están bautizados con nomes curiosos que levan escritos nos seus costados.Toda unha experiencia próxima a desaparecer, xa que hoxe en día están a ser eliminados para dar paso a buses noviños do trinque.

Un Diablo Rojo sen tunear

A vida dende un "Diablo Rojo"
5. Os coches non levan matrícula na parte dianteira (excepto os taxis), só na parte traseira. Polo tanto, o morro do coche queda a disposición da imaxinación do propietario. O modelo Transformers é un dos meus favoritos.

Un Autobot!

No hay comentarios:

Publicar un comentario