Páginas

miércoles, 28 de noviembre de 2012

A flor nacional de Bolivia

Kantuta
A kantuta é a flor nacional de Bolivia, adiviñades por que? Exacto, porque nunha das súas variedades ten as tres cores da bandeira, o que a convirte nun dos símbolos do país.

martes, 27 de noviembre de 2012

O Salar de Uyuni, marabilla natural

O noso carro
O Salar de Uyuni é o meirande deserto de sal do mundo, unha auténtica marabilla natural que vale por sí mesma toda a viaxe a Bolivia e recorrer o país en autobus pasando 12 horas de tormento.

Entrando no deserto, agárdannos horas de traxecto entre a máis absoluta nada
Coido que Uyuni é a paisaxe máis impresionante que vin nunca, un deserto branco que durante a tempada de chuvias convírtese nun lago. Para que vos fagades unha idea da súa extensión, percorremos 200 quilómetros en todoterreo polo salar, a distancia que separa Vigo de A Coruña, co único horizonte das lonxanas montañas... Fermoso, incrible. Sobran as palabras...
Alguén se lembra da Sala da Alma e do Tempo? Algunha similitude?



Parece calmo, pero o vento zoa sen piedade

Hotel de sal no medio do salar

Figuras que forma a auga cando se seca o salar

Illa Incahuasi (casa do inca)

Volcán ao fondo

Unha vicuña no medio da nada, estes bechos viven da nada; apenas hai auga nin pasto...

Sabiades canto vive un cacto? Este 1.203 anos...

Estomballado ben a gusto

Desfrutando da paisaxe

Facendo o imbécil, sonche así...

Voando
Aínda se extrae sal, pero non está moi explotado


A brancura do deserto permite xogar coa perspectiva

Cegado pola brancura

Achegándonos á illa Incahuasi
 
Desfrutando coma un neno

Os cactos poden chegar a medir 12 metros...

domingo, 25 de noviembre de 2012

Curiosidades de Cidade de Panamá

Este cocodrilo ten pinta de que xa está comido, non semella perigoso...
 Algunhas cousiñas que me chamaron a atención en Cidade de Panamá:

1. Os avisos da posible presenza de cocodrilos nos arredores do Canal de Panamá. Moi bo rollo, calquera diría que os cocodrilos son perigosos atendendo a este cartel...

2. A ausencia de gaivotas. É a primeira cidade costeira na que non as vexo, pero no canto hai pelícanos, que veñen sendo o mesmo pero máis grandes e máis feos; eso sí, moito máis exóticos.

Pelícanos preto dun monte de lixo; en serio, son peores que as gaivotas
3. Os parquímetros ao estilo ianqui. Só os vira nas películas, por eso me fixo gracia velos ao vivo, aínda que en realidade xa non funcionan.


Parquímetros de estilo gringo
 4. Os "Diablos Rojos", que son autobuses coma os típicos autobuses escolares gringos. Tan curiosos como incómodos, son o medio de transporte máis barato (e suponse que perigoso) en Cidade de Panamá. Só custan 25 céntimos de dólar, polo que paga a pena probalos aínda que só sexa para vivir a experiencia.

Normalmente están pintados coas cores da bandeira panameña, decorados con graffitis obscenos e están bautizados con nomes curiosos que levan escritos nos seus costados.Toda unha experiencia próxima a desaparecer, xa que hoxe en día están a ser eliminados para dar paso a buses noviños do trinque.

Un Diablo Rojo sen tunear

A vida dende un "Diablo Rojo"
5. Os coches non levan matrícula na parte dianteira (excepto os taxis), só na parte traseira. Polo tanto, o morro do coche queda a disposición da imaxinación do propietario. O modelo Transformers é un dos meus favoritos.

Un Autobot!

Recomezando...

Como se me quedou pequeno o espazo para publicar fotografías no anterior blog, empezo unha segunda parte con outro nome.

Todo o publicado anteriormente segue en coacabezanasnubes.blogspot.com

Alá imos!