|
Este cocodrilo ten pinta de que xa está comido, non semella perigoso... |
Algunhas cousiñas que me chamaron a atención en Cidade de Panamá:
1. Os avisos da posible presenza de cocodrilos nos arredores do Canal de Panamá. Moi bo rollo, calquera diría que os cocodrilos son perigosos atendendo a este cartel...
2. A ausencia de gaivotas. É a primeira cidade costeira na que non as vexo, pero no canto hai pelícanos, que veñen sendo o mesmo pero máis grandes e máis feos; eso sí, moito máis exóticos.
|
Pelícanos preto dun monte de lixo; en serio, son peores que as gaivotas |
3. Os parquímetros ao estilo ianqui. Só os vira nas películas, por eso
me fixo gracia velos ao vivo, aínda que en realidade xa non funcionan.
|
Parquímetros de estilo gringo |
4. Os "Diablos Rojos", que son autobuses coma os típicos autobuses escolares gringos. Tan curiosos como incómodos, son o medio de transporte máis barato (e suponse que perigoso) en Cidade de Panamá. Só custan 25 céntimos de dólar, polo que paga a pena probalos aínda que só sexa para vivir a experiencia.
Normalmente están pintados coas cores da bandeira panameña, decorados con graffitis obscenos e están bautizados con nomes curiosos que levan escritos nos seus costados.Toda unha experiencia próxima a desaparecer, xa que hoxe en día están a ser eliminados para dar paso a buses noviños do trinque.
|
Un Diablo Rojo sen tunear |
|
A vida dende un "Diablo Rojo" |
5. Os coches non levan matrícula na parte dianteira (excepto os taxis), só na parte traseira. Polo tanto, o morro do coche queda a disposición da imaxinación do propietario. O modelo Transformers é un dos meus favoritos.
|
Un Autobot! |