Seareiros do Santa Fe |
Sonche deportivista de sempre, pero ata agora só os vira xogar unha vez en directo nun derbi en Balaídos que acabara en 1-1.
Casualidades da vida, o segundo partido ó que asistín foi onte no estadio El Campín de Bogotá fronte ó Independiente Santa Fe. Partido malo, o primeiro da pretempada, pero realmente sí me fixo ilusión poder ver ó Deportivo na miña cidade adoptiva.
O resultado final foi 1-0 para o equipo santafereño e quedo con dúas conclusións:
1. O fútbol en Latinoamérica vívese de forma diferente. Para este amistoso os seareiros máis incondicionais do Santa Fe estiveron cantando sen parar na grada dende máis dunha hora antes de comezar o partido.
2. O mellor do partido son os descansos, cando as cheerleaders fan o seu espectáculo. Esto en España non pasa...
O Deportivo en Bogotá! |
O Deportivo atacando, algo raro de ver onte |
Cheerleaders "dándolo todo", e os policías que non quitan ollo |
O mellor do partido... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario