Que lle falta a esta paisaxe para galeguizarse? |
Ás veces as casualidades da vida sonche ben curiosas... Hoxe saín a pasear por Santo Domingo e, despois duns minutos camiñando, atopeime de fronte cun cruceiro (e fíxome moita ilusión)...
Resulta que Santo Domingo está irmanada con A Guarda, polo que hai uns anos construiron a praza de Galicia nun recunchiño bastante afastado das zonas turísticas, engalanándoa cos escudos das 4 provincias mailo de Galicia e o citado cruceiro (ó que lle viría ben un pouco de verdello que nunca chegará a ter).
No hay comentarios:
Publicar un comentario