Páginas

sábado, 5 de abril de 2014

A Lima colonial

Lima ten un centro histórico bastante pequeno, lamentablemente moi degradado e reconstruido na súa meirande parte en anos recentes debido ós destrozos que xeran os tremores que de tanto en tanto sacuden a cidade, algúns con bastante violencia...

Porén, aínda quedan moitos recunchos máxicos que ben paga coñecer nesta cidade, en particular a Praza de Armas, lugar onde se fundou a cidade; nesa mesma praza, destaca a catedral, lugar onde se atopa soterrado Francisco Pizarro, un dos grandes "heroes" españois que, fora como fora, realmente é un personaxe co seu nome propio escrito en letras maíusculas na historia do novo continente.













Aquí xace Francisco Pizarro...


Solpor no Océano Pacífico
E para os que poidan ter dúbidas, sí, tamén hai unha parte moderna


No hay comentarios:

Publicar un comentario