Páginas

miércoles, 19 de marzo de 2014

Lima

Unha ollada rápida a Lima, a capital do Perú. Poucas veces tiven a oportunidade de percorrer unha cidade dende o miolo ata a codia, dunha punta á outra, das partes turísticas á auténica cidade que desfrutan e padecen os cidadáns a diario... De Manchay a Huaycan, do Agustino a San Juan de Lurigancho, de San Martín de Porres a Santa Anita, do Callao á última punta do último Cerro; Lima é unha cidade chea de forza, a forza dos que teñen que sobrevivir a diario.

Lima agasalloume con toda unha lección de vida, polo que ali queda para sempre unha parte do meu corazón.



















lunes, 10 de marzo de 2014

Gastronomía peruana


 
Ceviche mixto
A cociña peruana goza de moia sona a nivel mundial neste momento e, certamente, eu non podería estar máis dacordo...

Podo dicir que descontando Galicia, Lima é o lugar onde mellor comín de todos en cantos estiven. O máis curioso é que comparten moitos ingredientes coa nosa cociña: vieiras, mexillóns, peixe fresco, polbo, calamares, etc.; pero a preparación é completamente diferente, aínda que non por elo menos saborosa...

A estrela é o ceviche, peixe marinado (cociñado sen lume, senón coa acedez do limón) cun toque de picante que está realmente espectacular. Máis que recomendable.

E listo, as imaxes falan por sí soas...

Sopa de mariscos
"Conchitas" á parmesana

Anticuchos

Tacu Tacu

Sopa de peixe e marisco

Causas

Ceviches variados

Calamares grellados

Xeado D'Onofrio

Comida Nikkei, fusión peruano-xaponesa

Postres variados










sábado, 8 de marzo de 2014

Seguir adiante...


Sigo camiñando...
Nunca me despedín deste blog, así que supoño que non é tarde para retomalo... por que ía selo?

Todo este tempo transcorrido pode resumirse en que a vida cambia moito e moi rápido, nada que non souberamos todos xa; así que saltarei directamente ata o presente (en realidade ata o pasado recente), empezarei por...

Perú