A menos de dúas horas en coche dende a capital por unha fermosa paisaxe vinícolas de Chile (unha de tantas) atópase a praia de Santiago: Viña del Mar.
A cidade é pequena e ten algúns encantos, se ben é bastante notable o deterioro producido nos edificios históricos polos constantes terremotos que sacuden o país.
Pero entre todos os atractivos, o máis "fetichista" é a visita á Quinta Vergara, dentro de cuxo recinto se celebra anualmente o festival da canción en español de Viña del Mar, toda unha referencia a nivel continental que invariablemente deixa cada tempada algunhas actuacións memorables. Para os que non o coñezan, recomendo botar unha ollada no Youtube.
O outro suposto gran atractivo de Viña é a praia... Pero sinceramente non me pareceu nada especial, ademais de que polas correntes e a temperatura da auga non está permitido o baño... Sigo pendente de darme o meu baño no Pacífico...
Quinta Vergara, residencia do fundador da cidade, que precisa urxente unha restauración despois do último gran terremoto
Entrada ao anfiteatro da Quinta Vergara, lugar de celebración do Festival de Viña
Praia de Viña del Mar
Novamente co Pacífico aos meus pes, pero sen poder sumerxirme nel unha outra vez
Monumento para Gabriela Mistral e Pablo Neruda, os dous Nobel de literatura chilenos ata o momento
A boa compañía, clave para que a viaxe pagara a pena
Santiago, unha cidade encravada nun entorno moi vistoso, especialmente no inverno, cando os Andes están cubertos de neve. Unha moderna, cívica, onde se respira calidade de vida...
Desta volta tocou turismo urbán puro e duro, pasear polas rúas e parques, sentarse nos cafés, visitar centros comercias e desfrutar das vistas. Unha cidade para vivir, sen dúbida.
Vista da cidade dende o Cerro Santa Lucía
Mural en honra a Gabriela Mistral, unha das dúas Nobel de literatura chilenas
Os Andes en todo o seu esplendor
Lugar onde se produciu o último atentado na capital chilena apenas unha semana antes de ir eu
Mercado Central de Santiago
Costanera Center, novo edificio senlleiro da cidade
Añadir leyenda
Placa de inauguración do Mercado Central, nada menos que por Pinochet
Un selo máis no meu pasaporte, xa podo marcar Chile cunha 'X' (aínda que quero voltar para visitar a Patagonia...). Desta vez tocou turismo urbán: motio Santiago e algo de Valparaíso e Viña del Mar. Para comezar, o 'Palacio de La Moneda', onde Salvador Allende resistiu e morreu co fusil na man; un lugar senlleiro da Historia recente a nivel mundial. Todo un símbolo, moi emocionante.
"Que no se enteren", un dos meus vallenatos favoritos, sube o ánimo de calquera!
Continuando co meu proceso de colombianización, teño que recoñecer que tomar unha cervexa cun vallenato de fondo nunha cigarrería (especialmente se é en "tierra caliente"), é toda unha experiencia xenial que describe en boa parte o que vivir en Colombia.
O Vallenato é un xénero musical 100% colombiano típico da costa Caribe pero xa extendido a todo o país. Dende o seu xurdimento foi evolucionando moito, así que deixo unha mostra de vallenatos dende os clásicos ata os actuais, empezando por algúns dos meus favoritos.
"No Puedo Olvidarla", un dos retrousos máis pegadizos do xénero, Binomio de Oro son mooooi grandes!
Carlos Vives é un dos grandes innovadores actuais do xénero, de xeito que xa é máis pop que vallenato, que neste tema e só recoñecible no retrouso. Aínda así, a canción é ben linda e vitalista
Repito con outro tema de Silvestre Dangond, que actualmente é unha das grandes figuras (outro dos meus favoritos)
Bogotá pode ser unha cidade prohibitiva se se opta por facer a compra na zona norte, onde viven as clases máis acomodadas. O gusto por facer a compra está lonxe dos supermercados, o máis agradable é dar un pequeno madrugón na fin de semana e achegarse ás prazas para comprar producto fresco nun entorno popular no que se sinte o pulso da xente dunha forma intensa.
Paloquemao é o mercado máis grande de Bogotá, toda unha experiencia que non hai que perderse, agradable en tódolos sentidos, especialmente para o peto...
Aínda sen bolsas
Tamal tolimense, almorzo típico e contundente para un día de mercado
Pero o tamal non é tan contundente coma outras delicatessen...
Sonche deportivista de sempre, pero ata agora só os vira xogar unha vez en directo nun derbi en Balaídos que acabara en 1-1.
Casualidades da vida, o segundo partido ó que asistín foi onte no estadio El Campín de Bogotá fronte ó Independiente Santa Fe. Partido malo, o primeiro da pretempada, pero realmente sí me fixo ilusión poder ver ó Deportivo na miña cidade adoptiva.
O resultado final foi 1-0 para o equipo santafereño e quedo con dúas conclusións:
1. O fútbol en Latinoamérica vívese de forma diferente. Para este amistoso os seareiros máis incondicionais do Santa Fe estiveron cantando sen parar na grada dende máis dunha hora antes de comezar o partido.
2. O mellor do partido son os descansos, cando as cheerleaders fan o seu espectáculo. Esto en España non pasa...
O Deportivo en Bogotá!
O Deportivo atacando, algo raro de ver onte
Cheerleaders "dándolo todo", e os policías que non quitan ollo
Onte chegou a selección de fútbol de Colombia de volta ó país despois de caer eliminada do campionato mundial de Brasil. Para recibila organizouse un recibimento multitudinario en Bogotá. A diferencia do que se faría en España, o evento comezou ás 8 da mañá co típico percorrido polas rúas da capital para rematar no parque Bolívar, un lugar senlleiro da cidade.
Así deberían ser sempre estes eventos, dándolle un toque familiar e permitindo que pequenos e maiores poidan desfrutalo a gusto a unha hora apropiada... En España esto tería comezado ás 8 da tarde para rematar á 1 da mañá e chegar a casa ás 2 e media... E claro, ó día seguinte todo dios baldado no cole, no traballo ou na casa...
A racionalidade no horario é algo que me encanta de Colombia; pola contra, é unha guerra perdida en España. Que pena.
La Ispaniola, a illa caribeña na que comezou a colonización do novo mundo hai máis de 5 séculos... Santo Domingo foi un dos primeiros asentamentos españois en América; camiñar polas rúas da zona vella é camiñar sobre os pegadas de Cristobo, Bartolomé e Diego Colón, camiñar polas súas rúas é un percorrido en vivo polos libros de historia. O descobrimento deste pedazo de terra a 6.000 km da Península Ibérica puxo fin definitivamente á Idade Media no vello mundo... Aquí se conectaron para sempre, para ben e para mal, América e Europa... Como non sentir o peso da Historia sobre as costas, como evitar a pel de galiña?
No malecón de Santo Domingo
Baluarte defensivo da cidade vella
Restos do recinto amurallado
A vexetación tropical, capaz de derrubar paseniñamente a fortaleza máis sólida
Derradeira casa de Cristóbal Colón nas Américas
A relixión, sempre presente, arma imprescindible para a colonización
Defensas sobre a desembocadura do río Ozama
Cristóbal Colón
Catedral de Santo Domingo, pequena, compacta; o seu aspecto de fortaleza faina realmente especial
Ruinas, palmeiras, Caribe puro
Añadir leyenda
Vista da desembocadura do Ozama
Alcázar de don Diego Colón, todo un símbolo da cidade
Contraste entre as ruinas do pasado e o "progreso"