|
Cúpula da igrexa de San Pedro, unha das iconas da cidade |
Na costa caribeña de Colombia atópase un dos grandes tesouros do país, Cartagena de Indias, "La heroica". Cartagena foi un dos principais portos españois en América xunto á Habana e a Portobelo, e o seu casco antigo quedou paralizado no tempo de forma que pasear polas súas rúas é toda unha viaxe ao pasado, ao tempo dos piratas e corsarios, ao tempo da colonización e expolio do continente, unha época escura e brilante ao mesmo tempo, todo moi suxerente.
|
A muralla dende o hotel coas torres da parte nova ao fondo |
Cartagena fortificouse ata ser considerada unha cidade inexpugnable, pero nada máis lonxe da realidade como se encargaron de demostrar os corsarios ingleses, entre eles o ben coñecido en Galicia Sir Francis Drake, heroe na Gran Bretaña e maldito en España.
|
Unha das garitas dende as que se vixiaba a chegada das armadas inimigas |
Hoxe en día esta é unha das cidades máis desiguais de toda Colombia, que é moito dicir; lugar preferido polas clases altas para desfrutar das súas vacacións e ao tempo que os seus barrios (fóra do turistódromo) afunden na maior das miserias. Porén resulta curioso que a pobreza fora a que salvou á cidade antiga preservándoa ata os nosos días...
|
A costa do Caribe a rentes da muralla, un mar bravo con grandes ondas |
Despóis do último dos grandes expolios que sufriu a cidade, cando se demostrou definitivamente que a acumulación de riquezas tan preto da costa facían deste enclave un auténtico imán para os saqueos, a capital mudou a Santa Fe de Bogotá, lonxe dos ataques piratas e as castas dominantes recuaron cara ás súas fincas e abandonaron á cidade, quedando as suntuosas casas en mans dos escravos abandoados á súa sorte. A súa escaseza de recursos dos escravos fixo que a cidade non crecese máis aló dos seus límites e que non se construiran novas edificacións, mantendo o recinto amurallado incorrupto durante séculos e permitindo que tras algunhas restauracións esta beleza chegase ata os nosos días con todo o esplendor do pasado.
|
O baluarte de Santa Catalina, un dos puntos clave da defensa da muralla |
Cartagena é un destino que non se pode perder ningún visitante que se achegue a Colombia, toda a esencia da colonia española está aquí, entre os seus muros respírase todo o recendo da historia, a evocación dun tempo de dominio cruel e de comercio esplendoroso a partes iguais.
|
Canóns e máis canóns, os vestixios da artillería da cidade son numerosos en toda a cidade |
|
Unha das pequenas igrexas de Cartagena, nada que ver co belicismo da muralla |
|
Casas de estilo colonial con abondante vexetación. Pasear por Cartagena é todo un agasallo |
|
Un temón empregado como tragaluz nunha casa, testemuño da tradición mariñeira da cidade |
|
Máis canóns, múltiples calibres e estilos, mesma finalidade |
|
Camiñando pola cidade, suada asegurada |
|
A catedral |
|
Bolívar, non podía faltar |
|
Un dos museos de Cartagena que paga a pena visitar |
|
Hai calor en Cartagena? Sí. Este é un helicóptero nunha maqueta do museo naval derretido polas altas temperaturas |
|
Cúpula de San Pedro dende un dos fermosos patios da cidade |
|
Patio interior da casa de España, unha marabilla que no seu tempo foi o claustro dun mosteiro |
|
Albiscando o solpor sobre a muralla |
No hay comentarios:
Publicar un comentario