Páginas

martes, 19 de marzo de 2013

Cartagena de Indias

Cúpula da igrexa de San Pedro, unha das iconas da cidade
Na costa caribeña de Colombia atópase un dos grandes tesouros do país, Cartagena de Indias, "La heroica". Cartagena foi un dos principais portos españois en América xunto á Habana e a Portobelo, e o seu casco antigo quedou paralizado no tempo de forma que pasear polas súas rúas é toda unha viaxe ao pasado, ao tempo dos piratas e corsarios, ao tempo da colonización e expolio do continente, unha época escura e brilante ao mesmo tempo, todo moi suxerente.

A muralla dende o hotel coas torres da parte nova ao fondo
Cartagena fortificouse ata ser considerada unha cidade inexpugnable, pero nada máis lonxe da realidade como se encargaron de demostrar os corsarios ingleses, entre eles o ben coñecido en Galicia Sir Francis Drake, heroe na Gran Bretaña e maldito en España.

Unha das garitas dende as que se vixiaba a chegada das armadas inimigas
Hoxe en día esta é unha das cidades máis desiguais de toda Colombia, que é moito dicir; lugar preferido polas clases altas para desfrutar das súas vacacións e ao tempo que os seus barrios (fóra do turistódromo) afunden na maior das miserias. Porén resulta curioso que a pobreza fora a que salvou á cidade antiga preservándoa ata os nosos días...
A costa do Caribe a rentes da muralla, un mar bravo con grandes ondas
Despóis do último dos grandes expolios que sufriu a cidade, cando se demostrou definitivamente que a acumulación de riquezas tan preto da costa facían deste enclave un auténtico imán para os saqueos, a capital mudou a Santa Fe de Bogotá, lonxe dos ataques piratas e as castas dominantes recuaron cara ás súas fincas e abandonaron á cidade, quedando as suntuosas casas en mans dos escravos abandoados á súa sorte. A súa escaseza de recursos dos escravos fixo que a cidade non crecese máis aló dos seus límites e que non se construiran novas edificacións, mantendo o recinto amurallado incorrupto durante séculos e permitindo que tras algunhas restauracións esta beleza chegase ata os nosos días con todo o esplendor do pasado.

O baluarte de Santa Catalina, un dos puntos clave da defensa da muralla
Cartagena é un destino que non se pode perder ningún visitante que se achegue a Colombia, toda a esencia da colonia española está aquí, entre os seus muros respírase todo o recendo da historia, a evocación dun tempo de dominio cruel e de comercio esplendoroso a partes iguais.

Canóns e máis canóns, os vestixios da artillería da cidade son numerosos en toda a cidade

Unha das pequenas igrexas de Cartagena, nada que ver co belicismo da muralla
 
Casas de estilo colonial con abondante vexetación. Pasear por Cartagena é todo un agasallo

Un temón empregado como tragaluz nunha casa, testemuño da tradición mariñeira da cidade

Máis canóns, múltiples calibres e estilos, mesma finalidade

Camiñando pola cidade, suada asegurada

A catedral

Bolívar, non podía faltar

Un dos museos de Cartagena que paga a pena visitar

Hai calor en Cartagena? Sí. Este é un helicóptero nunha maqueta do museo naval derretido polas altas temperaturas

Cúpula de San Pedro dende un dos fermosos patios da cidade

Patio interior da casa de España, unha marabilla que no seu tempo foi o claustro dun mosteiro

Albiscando o solpor sobre a muralla