Páginas

lunes, 17 de junio de 2013

O lago Titicaca

Paredes de adobe, roupa de Zara, gorro ecuatoriano... esto é globalización...
Hai moito xa que fun a Bolivia, pero aínda tiña pendente de subir as fotos do último tramo da viaxe, o lago Titicaca, un dos máis grandes do mundo, un dos máis altos, o máis alto navegable, etc.; pero por enriba de todos estes rankings nos que se atopa, o Titicaca deixa algunhas estampas moi fermosas na retina difíciles de deixar atrás.
A vista dende a Illa do Sol
Resulta complicado sentir que se está nun lago, máis parece que se está á beira do mar (esto mide 200 km de longo, máis que a distancia de Vigo a Coruña...). Recomendable pasar unha noite na Illa do Sol, visitar a Illa da Lúa e deixarse engaiolar polo solpor dun lugar tan máxico coma este. Quizáis algún día poida voltar e ver o lado peruano, que seica paga tanto ou máis a pena que a beira boliviana.

Na fonte da eterna xuventude, dende que bebín non me saiu ningunha cana máis

A Cordilleira Real dende a Illa do Sol

Esta imaxe vale máis ca mil palabras

De novo a Cordilleira Real

Cangas? Vigo? Cíes?



Ruinas da Casa das virxes da cultura Tiahuanaco, precursora do imperio incaico

Ruinas coroando a illa

Hai centos de anos tiña que ser espectacular
Eu :)

A Illa do Sol rumbo á Illa da Lúa

martes, 19 de marzo de 2013

Cartagena de Indias

Cúpula da igrexa de San Pedro, unha das iconas da cidade
Na costa caribeña de Colombia atópase un dos grandes tesouros do país, Cartagena de Indias, "La heroica". Cartagena foi un dos principais portos españois en América xunto á Habana e a Portobelo, e o seu casco antigo quedou paralizado no tempo de forma que pasear polas súas rúas é toda unha viaxe ao pasado, ao tempo dos piratas e corsarios, ao tempo da colonización e expolio do continente, unha época escura e brilante ao mesmo tempo, todo moi suxerente.

A muralla dende o hotel coas torres da parte nova ao fondo
Cartagena fortificouse ata ser considerada unha cidade inexpugnable, pero nada máis lonxe da realidade como se encargaron de demostrar os corsarios ingleses, entre eles o ben coñecido en Galicia Sir Francis Drake, heroe na Gran Bretaña e maldito en España.

Unha das garitas dende as que se vixiaba a chegada das armadas inimigas
Hoxe en día esta é unha das cidades máis desiguais de toda Colombia, que é moito dicir; lugar preferido polas clases altas para desfrutar das súas vacacións e ao tempo que os seus barrios (fóra do turistódromo) afunden na maior das miserias. Porén resulta curioso que a pobreza fora a que salvou á cidade antiga preservándoa ata os nosos días...
A costa do Caribe a rentes da muralla, un mar bravo con grandes ondas
Despóis do último dos grandes expolios que sufriu a cidade, cando se demostrou definitivamente que a acumulación de riquezas tan preto da costa facían deste enclave un auténtico imán para os saqueos, a capital mudou a Santa Fe de Bogotá, lonxe dos ataques piratas e as castas dominantes recuaron cara ás súas fincas e abandonaron á cidade, quedando as suntuosas casas en mans dos escravos abandoados á súa sorte. A súa escaseza de recursos dos escravos fixo que a cidade non crecese máis aló dos seus límites e que non se construiran novas edificacións, mantendo o recinto amurallado incorrupto durante séculos e permitindo que tras algunhas restauracións esta beleza chegase ata os nosos días con todo o esplendor do pasado.

O baluarte de Santa Catalina, un dos puntos clave da defensa da muralla
Cartagena é un destino que non se pode perder ningún visitante que se achegue a Colombia, toda a esencia da colonia española está aquí, entre os seus muros respírase todo o recendo da historia, a evocación dun tempo de dominio cruel e de comercio esplendoroso a partes iguais.

Canóns e máis canóns, os vestixios da artillería da cidade son numerosos en toda a cidade

Unha das pequenas igrexas de Cartagena, nada que ver co belicismo da muralla
 
Casas de estilo colonial con abondante vexetación. Pasear por Cartagena é todo un agasallo

Un temón empregado como tragaluz nunha casa, testemuño da tradición mariñeira da cidade

Máis canóns, múltiples calibres e estilos, mesma finalidade

Camiñando pola cidade, suada asegurada

A catedral

Bolívar, non podía faltar

Un dos museos de Cartagena que paga a pena visitar

Hai calor en Cartagena? Sí. Este é un helicóptero nunha maqueta do museo naval derretido polas altas temperaturas

Cúpula de San Pedro dende un dos fermosos patios da cidade

Patio interior da casa de España, unha marabilla que no seu tempo foi o claustro dun mosteiro

Albiscando o solpor sobre a muralla


lunes, 11 de febrero de 2013

Ceo azul, lagunas de cores



O noso carro
O certo é que cada vez teño menos tempo para adicarlle ao blog, pero non quero quedar sen compartir as fotos do deserto boliviano, unha extensión do deserto de Atacama. Impresionante, fabuloso, incrible, precioso...
 
Area, pedra e monte
Quilómetros e quilómetros de montañas e mesetas sen apenas vexetación entre os 4.000 e os 5.000 metros de altitude. Terra, area, pedra, neve, volcáns activos, volcáns apagados e algúns arbustos espallados ó longo de centos de quilómetros e horas de 4x4. Pagou a pena percorrer medio mundo só para ver esto.

Fixemos preto de 1.000 quilómetros entre a máis absoluta nada

A "Laguna colorada", unha marabilla da natureza

Aspecto dos pobos do deserto
Incriblemente no medio do deserto hai algunhas poboacións que viven afastadas do muno. Son pobos de mineiros que entre campaña e campaña (traballan uns meses e voltan a casa, coma os mariñeiros) residen no medio do deserto plantando quinua, pastoreando llamas e atendendo aos turistas nas súas tendas de ultramarinos e albergues. Os seus fundadores realmente tiñan que estar escapando de algo moi malo para decidiren asentarse aquí, afastados do mundo... Hoxe en día estes pobos están cheos de vida, con moreas de nenos correndo e xogando polas rúas e que vivirán coma os seus país dunha mistura entre a explotación turística (de momento asumible) e a mineiría.

Árbore de pedra

As aforas dun dos pobos onde pasamos unha noite

Unhas condicións de vida duras para os que estamos acostumados a milleiros de comodidades

Geiseres de "Sol de mañana", a case 5.000 metros de altura

Laguna verde e volcán Licancabur ao fondo. Do outro lado está Chile

A só 15 quilómetros do paso fronterizo de Chile

Area e monte, monte e area

Un dos nosos hoteis, feito con rochas de sal

Voando

Un dos volcáns activos do recorrido (fumarola no lado esquerdo)

Os picos nevados son unha constante en todo o percorrido

Unha vicuña no medio da nada
No medio do deserto só viven as vicuñas, un animaliño da familias das llamas (e dos camelos) que vive salvaxe comendo os poucos brotes que atopa no deserto. Tdo día ao sol, porque neste sitio non hai unha sombra, case sen auga, case sen comida... Resulta curioso que estes bechos vivan nestas condicións sabendo que a escasos quilómetros e un pouco menos de altura poden atopar auténticos verxeis con pasto verde e fresco... Sonche un pouco parvas... Con semellante vida a súa carne é moi seca, pero eso sí, non ten nin un gramo de grasa...

Unha das preciosas lagunas que serven de oasis

Flamencos
De cando en cando aparaece de súpeto unha laguna, un oasis. Se entre o deserto só se atopan vicuñas,  nestes lagos atópanse centos de flamencos e outra fauna. Claramente estes flamencos son os tontos da familia... En vez de emigrar a Miami coma os seus "curmáns", estes quédanse nestas condicións extremas sobrevivindo como poden. O máis curioso é que non se van nin de noite (normal, non hai moito a onde ir) e quedan na auga. O caso é que as lagunas conxélanse pola noite e atrápanles as patas, polo que son presa fácil para os raposos andinos... O dito, sonche os parvos da familia...

Coa Laguna colorada aos pés. Subir ata aquí foi unha auténtica proeza (4.250 metros)
 Unha das noites pasámola a 4.200 metros de altura, ao pé da Laguna colorada. Durmir a estas altitudes é complicado e ninguén puido descansar en condicións porque a media noite espertas coa falta de aire. Aínda por riba, a algúns ocorréusenos botar unha carreira e, como imaxinades, apenas aguantamos 50 metros e xa estabamos fundidos e abafados. Os máis valentes subimos tamén a un pequeno mirador dende o que apreciar a laguna, toda unha proeza camiñar costa arriba para salvar un desnivel duns 50 metros que pagou a pena.
Sol de mañana. Aquí plantei un pino
Para chegar aos géisers tivemos que erguernos ás 5 da mañá para chegarmos alí a eso das 6... Estes madrugóns provócanme unhas ganas tremendas de cagar, e cando as ganas apretan... pois tocou cagar de monte a 4.800 metros de altura. Quen me supera?

Termas no deserto
Meterse un baño en auga fervendo a miles de metros de altitude con estas vistas non ten prezo, de verdade.
Vexetación do deserto

Montaña das sete cores. Na foto non se aprecia ben, pero realmente é incrible a cantidade de tonos que ten esta montaña

Achegándonos a unha laguna

Lawrence de Arabia

Cumios nevados (menos do que deberían)
 Seica o cambio climático se está a notar moitísimo nesta zona. As neves perpetuas están recuando, e onde hai uns anos chegaban ata o pé da montaña, hoxe en día só cobren apenas os cumios. Lástima, porque estes cumios nevados debían ser aínda máis impresionantes do que son agora.


Outra das lagunas

Nunca imaxinei que as paisaxes bolivianas poideran ser tan fermosas e espectaculares, foi un auténtico descobremento e, se teño a oportunidade, voltarei, voltarei en época de chuvia, 3 meses durante os que a paisaxe se transforma e aparecen ríos e lagos onde agora non hai nada; 3 duros meses nos que chove e neva a diario, erosionando o entorno e transformándoo de xeito que nunca volva ser igual, aínda que o pareza... Devezo por voltar, quen se anima?