|
Reloxo de flores, emblema de Viña del Mar |
A menos de dúas horas en coche dende a capital por unha fermosa paisaxe vinícolas de Chile (unha de tantas) atópase a praia de Santiago: Viña del Mar.
A cidade é pequena e ten algúns encantos, se ben é bastante notable o deterioro producido nos edificios históricos polos constantes terremotos que sacuden o país.
Pero entre todos os atractivos, o máis "fetichista" é a visita á Quinta Vergara, dentro de cuxo recinto se celebra anualmente o festival da canción en español de Viña del Mar, toda unha referencia a nivel continental que invariablemente deixa cada tempada algunhas actuacións memorables. Para os que non o coñezan, recomendo botar unha ollada no Youtube.
O outro suposto gran atractivo de Viña é a praia... Pero sinceramente non me pareceu nada especial, ademais de que polas correntes e a temperatura da auga non está permitido o baño... Sigo pendente de darme o meu baño no Pacífico...
|
Quinta Vergara, residencia do fundador da cidade, que precisa urxente unha restauración despois do último gran terremoto |
|
Entrada ao anfiteatro da Quinta Vergara, lugar de celebración do Festival de Viña |
|
Praia de Viña del Mar |
|
Novamente co Pacífico aos meus pes, pero sen poder sumerxirme nel unha outra vez |
|
Monumento para Gabriela Mistral e Pablo Neruda, os dous Nobel de literatura chilenos ata o momento |
|
A boa compañía, clave para que a viaxe pagara a pena |