Páginas

sábado, 23 de agosto de 2014

A ritmo de vallenato

"Que no se enteren", un dos meus vallenatos favoritos, sube o ánimo de calquera!

Continuando co meu proceso de colombianización, teño que recoñecer que tomar unha cervexa cun vallenato de fondo nunha cigarrería (especialmente se é en "tierra caliente"), é toda unha experiencia xenial que describe en boa parte o que vivir en Colombia.

O Vallenato é un xénero musical 100% colombiano típico da costa Caribe pero xa extendido a todo o país. Dende o seu xurdimento foi evolucionando moito, así que deixo unha mostra de vallenatos dende os clásicos ata os actuais, empezando por algúns dos meus favoritos.
"No Puedo Olvidarla", un dos retrousos máis pegadizos do xénero, Binomio de Oro son mooooi grandes!

Carlos Vives é un dos grandes innovadores actuais do xénero, de xeito que xa é máis pop que vallenato, que neste tema e só recoñecible no retrouso. Aínda así, a canción é ben linda e vitalista

Repito con outro tema de Silvestre Dangond, que actualmente é unha das grandes figuras (outro dos meus favoritos)

Alejo Durán, un dos grandes clásicos
Diomedes, a última gran figura
Rafael Escalona, outro mito do vallenato

martes, 19 de agosto de 2014

O mercado de Paloquemao

Produto fresco e fermoso
Bogotá pode ser unha cidade prohibitiva se se opta por facer a compra na zona norte, onde viven as clases máis acomodadas. O gusto por facer a compra está lonxe dos supermercados, o máis agradable é dar un pequeno madrugón na fin de semana e achegarse ás prazas para comprar producto fresco nun entorno popular no que se sinte o pulso da xente dunha forma intensa.

Paloquemao é o mercado máis grande de Bogotá, toda unha experiencia que non hai que perderse, agradable en tódolos sentidos, especialmente para o peto...

Aínda sen bolsas

Tamal tolimense, almorzo típico e contundente para un día de mercado

Pero o tamal non é tan contundente coma outras delicatessen...

Falta glamour, pero... quen necesita glamour?